Entroido
13/02/2015
Hoxe celebramos o entroido. Como tódolos anos fixemos un pase pola zona peatonal do Calvario, o clima acompañounos e os rapaces disfrutaron moitísimo.
A ledicia dos nenos/as coa festa que continuamos na Escola foi extraordinaria.
Grazas a tódolos pais/nais polo voso apoio na saída.
Podedes ver máis fotos en Leer Máis.
(As clases reanúdanse o xoves 19)
Leer Artículo
Semana das Ciencias
12/02/2015
Pa rticipamos na Semana das Ciencias organizada pola Escola de Enxenería de Minas.
Leer Artículo
Día da PAZ na escola
02/02/2015
O venres 30 de xaneiro celebramos o Día Mundial da Paz. Nesta data conmemoramos o asasinato de Gandhi, líder nacional e espiritual da India, no ano 1948.
Para premiar aquelas persoas ou institucións que cada ano destacan pola súa contribución á paz, o Comité noruegués do Nóbel escolleu como última homenaxeada a Malala Yousafzai pola súa loita contra a opresión dos nenos e a súa defensa do dereito dos nenos a recibir educación.
Os alumnos deste cole queremos manifestar a nosa repulsa a:
- as mentiras que non traen máis que problemas.
- o egoísmo que nos afecta a todos.
- a discriminación que nos divide en bandos.
- o machismo que causa moitas desgrazas.
- as guerras que destrozan moitas vidas.
E queremos abrir as portas a:
- o respecto que mellora o mundo.
-a igualdade que fai que esteamos todos unidos.
- a amabilidade que sempre nos saca un sorriso.
- a Paz coa que vivimos tranquilos.
Leer Artículo
Cantigas de Amigo
02/02/2015
Na área de Lingua Galega traballamos as Cantigas medievais e estas son as que fixemos nós ...
Leer Artículo
Anduriña 106 e 108
23/01/2015
Xa podedes descargar aquí as Anduriñas:
106 e 108 en Pdf.
Leer Artículo
Joan Manuel Gisbert
18/01/2015
Joan Manuel Gisbert, escritor español de literatura infantil e xuvenil, nado en Barcelona no ano 1949.
As súas obras foron traducidas a vinte linguas, e ten os premios mais importantes do ámbito nacional.
Leer Artículo
FESTA DE NADAL
19/12/2014
Hoxe visitounos Papa Noël,
ademáis os máis pequenos tamén disfrutaron de 2 obras de teatro.
Preme en ler máis, para ver tódalas fotos.
Leer Artículo
Antiguos Alumnos/as 2014
18/12/2014
O Domingo 14 de decembro, celebramos a reunión de antigos alumnos, o programa contou cun concerto, proxección e unha exposición. Podedes ver os videos do concerto premendo aquí:
Last Christmas.
Vals para os meus alumnos.
Leer Artículo