NOTICIAS ANDURIÑA

AS OLIMPIADAS MATEMÁTICAS EN ESCOLAS NIETO

14/06/2018

E agora que se aproxima o Mundial de fútbol, aproveitaremos para subir as fotos das Olimpiadas Matemáticas de Escolas Nieto. Unhas xornadas maravillosas nas que participou todo o alumnado do centro. E cando digo todo o alumnado é porque tamén viñeron  os nos@s alumn@s de infantil, que o pasaron en grande participando moi activamente de todas as actividades lúdicas relacionadas coas matemáticas. Unhas actividades que foron preparadas pola nosa compañeira Carmen coa colaboración dalgúns dos alumnos da ESO. 

Pero nada mellor que velo cos vosos propios ollos nas seguintes fotos. (Para velas premer en "ler máis").

 

 

Leer Artículo

Educación Infantil: Proxectos de traballo

14/06/2018

 Os nenos e nenas de educación infantil levaron a cabo tres proxectos de traballo sobre: Os Indios(4ºE.I), China(5ºE.I) e a Prehistoria(6ºE.I). Deixámosvos un video no que se poden ver os diferentes traballos que fixeron algunhas familias, a canción que aprenderon en cada clase e as fotos da festa que fixemos para finalizar estes proxectos dos cales aprendemos cousas moi curiosas. Esperamos que vos guste. 

 

Leer Artículo

SAIDA A OBRA DE TEATRO "ÁRTIKA" DO ALUMNADO DE 3º E 4º EP

12/06/2018

O mércores 6 de xuño, o alumnado de 3° e 4° de Ed. Primaria tiveron unha saida ó teatro Ártika para disfrutar dunha versión musical dun dos contos máis populares «Aladino e a lámpada marabillosa». 

Para ver máis fotos premer en "ler máis"

Leer Artículo

Educación Infantil: Taller multisensorial con escuma de afeitar

08/06/2018

Hoxe xogamos con escuma de afeitar, con isto traballamos a percepción táctil e visual. Pasámolo en grande!!

Premer en "ler máis" para ver o resto das fotos.

 

Leer Artículo

VISITA DOS NOS@S ALUMN@S DE 6º EP A RADIO VIGO

07/06/2018

E para que @s nos@s alumn@s sigan facendo un percorrido polos medios de comunicación da nosa cidade, non podía faltar a visita a Radio Vigo. O día 30 de maio @s alumn@s de 6º EP visitaron as instalacións de Radio Vigo. Alí déronlles unha pequena charla das distintas emisoras que levaban e o público o que iban dirixidas. Ademáis os profesores e alumnos puideron facer de locutores grabando unha cunha publicitaria do noso colexio.  Para ver todo isto non deixedes de ver o seguinte vídeo:

 

Leer Artículo

VISITA DOS NOS@S ALUMN@S de 2º ESO A FARO DE VIGO

29/05/2018

E un ano máis non podía faltar a visita a Faro de Vigo. Quen sabe, o mellor un día non moi lonxano algún dos nos@s alumn@s podería ser un dos periodistas que redacte a noticia da visita deste colexio as súas instalacións. Por certo, estade atentos as publicacións dos días 5 ou 19 de xuño de Faro de Vigo, xa que nunha delas sairá a foto dos nosos rapaces e rapazas. Debido a problemiñas técnicos soamente temos unhas fotiños fora das instalacións. Cando saia publicada a foto en Faro de Vigo tamén a subiremos.

 

Premede en "ler máis" para ver estas fotos.

Leer Artículo

DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN ESCOLAS NIETO 2018

20/05/2018

O mércores 16 de maio celebramos o día das letras galegas no colexio. Este ano o día estivo dedicado a María Victoria Moreno Márquez. E para celebralo comezamos a mañá con  xogos populares como os bolos celtas, o trompo ou o pañuelito. A media mañá todo o colexio puido desfrutar das actuacións teatrais, cancións e bailes galegos interpretados por algúns dos nosos alumn@s, unha mostra de todo isto podédela ver no seguinte video:

 

 Se queredes ver algunha fotiño máis non dubidedes en premer "Ler máis".

 

 

 

Leer Artículo

Educación infantil: Visita ó zoo

13/05/2018

  O pasado venres os nenos e nenas de Educación Infantil foron de visita ó zoo e disfrutaron moito do día! Vigozoo na actualidade está a reforzar a súa posición como centro de acollida e recuperación de animais enmarcado nun proxecto de Educación Ambiental, moitos exemplares que se poden observar nas instalacións foron vítimas de malos tratos ou proveñen de centros de recuperación.

Premer en "ler máis" para ver o resto das fotos.

Leer Artículo