NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

CONCURSO DE TALENTOS DO CURSO 2022-2023 (4ªEDICIÓN)

03/04/2023

Gran éxito do 4º concurso de talentos do colexio, xa que tódalas actuacións foron maravillosas e a implicación do público foi incuestionable. Ademáis a variedade de talentos ano tras ano vai en aumento. MOITÍSIMAS GRAZAS E NORABOA A TÓDOLOS PARTICIPANTES. 

VIDEO COMPLETO

 

 

Leer Artículo

APRENDENDO CONCEPTOS, HABILIDADES SOCIAIS E VALORES COS ANIMAIS

31/03/2023

O venres 31 tivemos no colexio unha visita moi especial, un cordeiriño, unha tartaruga e un hanster. Os alumnos e alumnas de 2º de EP e infantil tiveron a oportunidade de vivir uns momentos moi especiais cun cordeiro, unha tartaruga, e un hanster. Os nenos e nenas aprenderon conceptos, habilidades sociais e valores.

Leer Artículo

"Alumnos de 3º de Primaria elixen ao seu delegado seguindo os mesmos pasos que nunha votación nas eleccións xerais"

28/03/2023

Os alumnos de 3º de Primaria da escola realizaron unha elección para elixir ao seu delegado de clase seguindo os mesmos pasos que nunha votación nas eleccións xerais. A elección foi organizada pola profesora da clase, que tiña como obxectivo ensinar aos estudantes sobre a importancia da democracia e da participación cidadá. Antes das eleccións, os candidatos presentaron as súas campañas e falaron sobre por que deberían ser elixidos como delegados da clase. Os estudantes puideron facer preguntas e discutir as propostas dos candidatos, para que así puideran tomar unha decisión informada.

Leer Artículo

SAÍDA PEDAGÓXICA DE 1º E 2º EP A FUNDACIÓN SALES

24/03/2023

E como tódolos anos, non podía faltar a visita de 1º e 2º EP a Fundación Sales. Unha visita maravillosa para disfrutar da natureza cun peculiar xardín cheo de rincóns e refuxios para o corpo e o espíritu, con especies de tódolos rincóns do mundo. Unha bonita experiencia para o noso alumnado como inicio da primavera.

Leer Artículo

APRENDIZAXES VIVENCIAS EN 4º ESO "ASISTENCIA A UN XUIZO REAL"

21/03/2023

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acerca a xustiza ós escolares co programa "Educar en Xustiza". E alí estivemos nós co noso alumnado de 4º de ESO.

Leer Artículo

SAÍDA PEDAGÓXICA E CULTURAL DE 5º E 6º EP A UN CONCERTO NO AUDITORIO DO CONCELLO DE VIGO "MIGRASÓNS"

20/03/2023

O alumnado de 5º e 6º EP participou nun concerto organizado pola EscolaTradicional de Música de Vigo, cantando e bailando música tradicional e folk galega, coa visita sorpresa do noso alcalde Abel Caballero. ¡Grazas @ETRAD por este conciertazo!

Leer Artículo

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS EN EP

20/03/2023

Ribera Povisa impartiu un taller de RCP e primeiros auxilios no colexio para o alumnado de EP. Un taller no que, dunha forma moi divertida, o alumnado foi instruído en como actuar ante unha emerxencia.

Leer Artículo

8 DE MARZO "DÍA DA MULLER" EN ESCOLAS NIETO

08/03/2023

No día doxe para festexar este día, en Escolas Nieto realizaronse unha serie de actividades onde o alumnado foi descubrindo por sí mesmo o significado deste día. Se clicades en leer artículo podedes descubrir cales foron estas actividades.

 

Leer Artículo