NOTICIAS ANDURIÑA

VISITA DOS NOS@S ALUMN@S de 2º ESO A FARO DE VIGO

29/05/2018

E un ano máis non podía faltar a visita a Faro de Vigo. Quen sabe, o mellor un día non moi lonxano algún dos nos@s alumn@s podería ser un dos periodistas que redacte a noticia da visita deste colexio as súas instalacións. Por certo, estade atentos as publicacións dos días 5 ou 19 de xuño de Faro de Vigo, xa que nunha delas sairá a foto dos nosos rapaces e rapazas. Debido a problemiñas técnicos soamente temos unhas fotiños fora das instalacións. Cando saia publicada a foto en Faro de Vigo tamén a subiremos.

 

Premede en "ler máis" para ver estas fotos.

Leer Artículo

DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN ESCOLAS NIETO 2018

20/05/2018

O mércores 16 de maio celebramos o día das letras galegas no colexio. Este ano o día estivo dedicado a María Victoria Moreno Márquez. E para celebralo comezamos a mañá con  xogos populares como os bolos celtas, o trompo ou o pañuelito. A media mañá todo o colexio puido desfrutar das actuacións teatrais, cancións e bailes galegos interpretados por algúns dos nosos alumn@s, unha mostra de todo isto podédela ver no seguinte video:

 

 Se queredes ver algunha fotiño máis non dubidedes en premer "Ler máis".

 

 

 

Leer Artículo

Educación infantil: Visita ó zoo

13/05/2018

  O pasado venres os nenos e nenas de Educación Infantil foron de visita ó zoo e disfrutaron moito do día! Vigozoo na actualidade está a reforzar a súa posición como centro de acollida e recuperación de animais enmarcado nun proxecto de Educación Ambiental, moitos exemplares que se poden observar nas instalacións foron vítimas de malos tratos ou proveñen de centros de recuperación.

Premer en "ler máis" para ver o resto das fotos.

Leer Artículo

Educación Infantil: Avances da horta! xa comemos as leitugas!

08/05/2018

Os nosos nenos e nenas son expertos agricultores. Só hai que ver como vai a noso horta...a toda máquina!!Temos remolachas, porros, cebolas, tomates, tomates cherry, berzas,fresas,cenorias, berengena,... e xa puidemos probar as leitugas!!estaban moi ricas e máis importante e que son 100% ecolóxicas!!

Premer en "ler máis" para ver o resto das fotos.

 

 

Leer Artículo

Maravillosa actividade de plástica para o Día da Nai en PRIMARIA

07/05/2018

Os alumnos e alumnas de Primaria  realizaron unha bonita actividade de plástica para regalar as súas nais. A actividade consistía na realización dun retrato das súas nais para convertilos despóis nuns bonitos chaveiros. O resultado de todo isto foron unhas super mamás maravillosas. Estos son algúns exemplos das super mamás que teñen:

 

 

 

Para ver algúns exemplos máis premer en "LER MÁIS"

 

Leer Artículo

Educación Infantil: Finalistas consurso de diseño de xoiería

01/05/2018

Os nenos e nenas de Educación Infantil participaron un ano máis no concurso de xoiería organizado polo Concello de Vigo. Aquí vos deixamos os debuxos que fixeron os once finalistas. A entrega de premios será o día 22 de maio no Auditorio do Concello. NORABOA!!

Premer en "ler máis" para ver os debuxos. 

Leer Artículo