NOTICIAS ANDURIÑA

Hoxe os alumnos de terceiro e cuarto de Primaria , puidemos coñecer ao autor de UN INTRUSO EN MI CUADERNO

25/02/2015

Leer Artículo

Entroido

13/02/2015


Hoxe celebramos o entroido. Como tódolos anos fixemos un pase pola zona peatonal do Calvario, o clima acompañounos e os rapaces disfrutaron moitísimo.

A ledicia dos nenos/as coa festa que continuamos na Escola foi extraordinaria.

Grazas a tódolos pais/nais polo voso apoio na saída.

Podedes ver máis fotos en Leer Máis.

(As clases reanúdanse o xoves 19)

Leer Artículo

Semana das Ciencias

12/02/2015

Pa rticipamos na Semana das Ciencias organizada pola Escola de Enxenería de Minas.

 

 

 

 

 

Leer Artículo

Día da PAZ na escola

02/02/2015

     O venres 30 de xaneiro celebramos o Día Mundial da Paz. Nesta data conmemoramos o asasinato de Gandhi, líder nacional e espiritual da India, no ano 1948.

     Para premiar aquelas persoas ou institucións que cada ano destacan pola súa contribución á paz, o Comité noruegués do Nóbel escolleu como última homenaxeada a Malala Yousafzai pola súa loita contra a opresión dos nenos e a súa defensa do dereito dos nenos a recibir educación.

     Os alumnos deste cole queremos manifestar a nosa repulsa a:

- as mentiras que non traen máis que problemas.

- o egoísmo que nos afecta a todos.

- a discriminación que nos divide en bandos.

- o machismo que causa moitas desgrazas.

- as guerras que destrozan moitas vidas.

     E queremos abrir as portas a:

- o respecto que mellora o mundo.

-a igualdade que fai que esteamos todos unidos.

- a amabilidade que sempre nos saca un sorriso.

- a Paz coa que vivimos tranquilos. 

Leer Artículo

Cantigas de Amigo

02/02/2015

Na área de Lingua Galega traballamos as Cantigas medievais e estas son as que fixemos nós ...

Leer Artículo