NOTICIAS ANDURIÑA

O GALEGO É CLAVE (CURSO 2020-2021)

19/10/2020

Bo día a tod@s!

Comezamos a nosa actividade nesta sección de Dinamización da Lingua informándovos da campaña “O galego é clave” que iniciamos hoxe mesmo.
Esta campaña consiste en utilizar cada semana unha frase feita como contrasinal para poder ir ó baño ou salir de clase á última hora. Pretendemos con ela que o alumnado se vaia afacendo a expresións galegas e que progresivamente vaia utilizando a nosa lingua.
Animámosvos a tod@s a participar tamén nas vosas casas. Unha idea podería ser establecer ese contrasinal antes da comida, da merenda ou da cea, é dicir, se queres comer antes tes que empregar o contrasinal.
Axudádenos a manter vivo o noso idioma.
Unha lingua que non se fala é unha lingua morta.
Deixámosvos o cartel da campaña co contrasinal desta semana.

Grazas e un saúdo.

 

Leer Artículo

EN PLENA FORMA

12/10/2020

Malia estarmos seis meses afastad@s físicamente do cole, tanto profesorado como alumnado estamos en plena forma e dispost@s a seguir avanzando polo emocionante mundo da aprendizaxe. Este bo estado podémolo ver no microrrelato escrito por Rafa Arenas de 3º de ESO, cuxo único requisito era insertar a oración "Aquel hombre era invisible". Esperamos que vos guste.

 

Leer Artículo

ASÍ VEN OS NOSOS ALUMNOS DE 1°EP A RAMÓN NIETO

07/10/2020

Leer Artículo

Anduriña 3.0 curso 2020-2021

06/10/2020

 PENSASTES QUE NON ESTARÍA CON VÓS ESTE ANO?. 

 

ISO NON VAI PASAR!!!

 

ESTE ANO VIRÁ CON MÁIS FORZA QUE NUNCA. 

 

ASÍ QUE CONTAMOS CON TODOS VÓS PARA TER UN CURSO CHEO DE SORPRESAS E AVENTURAS. 

 

 

 

 ARRIBA E ALÓ IMOS!!!

 

 

Leer Artículo