NOTICIAS ANDURIÑA

DÍA DA PAZ

30/01/2018

Hoxe, 30 de xaneiro, como cada ano por esta mesma data celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Unha data realmente importante para a sociedade en xeral e para o ámbito educativo en particular.

O día Escolar da Non Violencia e a Paz, tamén coñecido polas siglas DENIP, é unha celebración que persegue fomentar, impulsar e respaldar unha educación en e para a tolerancia. Pero tamén unha educación en e para a concordia, a paz, a non violencia, a solidaridade e o respeto os Dereitos Humanos.

De aí que o lema desta conmemoración sexa "amor universal, non violencia e paz. O amor universal é mellor co egoismo, a non violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor ca guerra".

 

 

Para ver fotos e vídeos premer en "LER MÁIS"

Leer Artículo

VISITA AO CONCELLO DE VIGO

29/01/2018

   Os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria foron este martes 23 de xaneiro de visita o Concello de Vigo e os alumnos/as de 1º e 2º da ESO foron este xoves 25 de Xaneiro.

 No concello visitaron entre outros sitios o salón de plenos (contando alí coa presenza do señor alcalde), a sala de prensa, o laboratorio, a sala de tráfico e a escola de danza.

PARA VER MÁIS FOTOS PREMER EN "LER MÁIS"

Leer Artículo

CHARLA-COLOQUIOSOBRE O PARLAMENTO DE GALICIA PARA OS ALUMNOS DA ESO.

26/01/2018

 Este luns 22 de xaneiro os nosos alumnos de 1º,2º, 3º e 4º da ESO tiveron unha charla-coloquio organizada polo Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as. Neste acto participaron as exdeputadas María Xosé Porteiro García e María Olaia Fernández Davila.

 

 

Para ver mais fotos premer en "LER MÁIS"

Leer Artículo

Reforzar a Gratitud nos máis pequenos

22/01/2018

 A fortaleza a traballar no colexio este trimestre é a GRATITUD. En Educación Infantil ímola a traballar a través do que nun primeiro momento parece unha simple caixa de cartón. Cada neno terá a súa e o primeiro paso,que era decorala, xa está feito!!(agradecemos ás familias a súa colaboración neste primeiro paso, as caixas quedarón moi bonitas).

 Esta caixa, de cando en vez,  irá e virá do colexio a casa. Irémola enchendo pouco a pouco de obxectos, fotos, debuxos,...cousas que lles lembren aos nenos momentos que foron gratificantes. 

 De momento mostrámosvos os nosos pequenos Recunchos da Gratitude.

Premer en "ler máis" para ver o resto das fotos.

Leer Artículo

Cumpreanos en Educación Infantil!!

19/01/2018

En Educación Infantil cando un neno de calquera dos tres cursos está de cumpreanos facemos entre todos unha superfesta o venres de esa semana! Cantámoslle entre todos o cumpreanos feliz e os papas/mamas/avos... que queren mandan un biscoito o unha tarta e comémola entre todos a anaquiños!Somos unhos larpeiros!!!

Aqui vos deixamos as fotos dos cumpreanos celebrados o longo do primeiro trimestre!


 

Premer en "ler máis" para ver o resto das fotos.

 

 

Leer Artículo

O NOSO PINGÜINO XA ESTÁ NA ANTÁRTIDA

16/01/2018

  O luns día 15 de Xaneiro os nosos alumnos tiveron unha videoconferencia co noso pingüino da Antártida.

 

  

 

PARA VER MÁIS COUSAS PREMER EN "LER MÁIS"

Leer Artículo

Árbore de amabilidade. Educación Infantil

14/01/2018

 Acabamos de rematar o primeiro trimestre e dentro do programa de Aulas Felices, a fortaleza a traballar era a amababilidade, cos maís pequenos intentámolo introducir dunha forma sinxela e explicandolles o importante que pode chegar a ser un simpre saudo ou o ben que nos podemos sentir axudando a un compañeiro/a.... Como actividade global realizamos unha arbore na que as follas son pezas de puzzle, cada unha desas pezas leva escrita a palabra que a cada un deles elexiron relacionada ca amabilidade.

 

Premer en "ler máis" para ver o resto das fotos.

Leer Artículo