NOTICIAS ANDURIÑA

DÍA DA PAZ

30/01/2016

     Hoxe celébrase o día da Paz, xa

 que nun día coma hoxe, no ano 1948, mataron a Mahatma Gandhi, líder nacional e espiritual da India quen, tras graduarse en dereito , loitou contra o colonialismo inglés na India.

     Para premiar aquelas persoas ou institucións que cada ano destacan pola súa contribución á Paz, creouse o Comité Noruegués do Nobel formado por cinco persoas escollidas polo parlamento de Noruega, encargados de seleccionar cada ano unha Institución ou persoa que destaque pola súa contribución á paz no mundo.

     Este ano o seleccionado para recibir tal galardón foi o Cuarteto de  Diálogo de Túnez pola súa decidida contribución a crear unha democracia plural nese país.

Leer Artículo