Novedades educativas de la escuela
16/10/2014
Charla para os alumnos/as de 4º ESO, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Título "A nosa vantagem"
O obradoiro serviu para amosarnos ...
as vantaxes que temos os galegos para aprender portugués e comunicarnos co mundo lusófono. Isto nos permite relacionarnos tamén cun país como Brasil que é a 6ª potencia mundial, polo que a día de hoxe nos abre unhas posibilidades laborais interesantes.
Por outra banda, a similitude do galego e o portugués ofrécenos unha visión máis ampla da cultura destes paises.
O obradoiro considerámolo interesante pola apertura de expectativas que nos amosou.
Elizabeth Caamaño Rodríguez, 4º ESO