NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

O MAGOSTO

17/11/2015

     Dende a prehistoria o home alimentouse de castañas e landras e coa expansión do cultivo de castiñeiros polos romanos, o seu froito converteuse na base da alimentación da poboación,pois a castaña valía para comer e para facer fariña.

     Coa chegada no século XVI de pataca e o millo procedente de América , a castaña perdeu protagonismo na alimentación campesiña.

     A palabra Magosto pode significar : gran fogo (Magnum ustum) ou lume máxico (Magum ustum), e esta festa era unha especie de agradecemento pola colleita recibida.

     Os magostos tradicionais celébranse entre os días 1 e 11 de novembro, e neles xunto coas castañas ,non falta tampouco o viño e os chourizos. Xúntanse, pois, nos magostos tres elementos  e t res festas típicas que se celebran en datas próximas: a vendima (uvas  e viño), o magosto (castañas) e a matanza (porco e chourizos).

     Para poder asar as castañas é imprescindible que haxa unhas  boas  brasas, un tixolo furado pola base para asar as castañas, unha manchea de sal gordo e, por suposto, as castañas que deben levar un corte para evitar que estoupen ó asalas.

     É frecuente emborrallar a cara cos restos da fogueira, xa que trae sorte, e realizar xogos tradicionais ou contar contos e cantar cancións populares.

    

ESCOLLE AS OPCIÓNS  CORRECTAS E VALORA CANTO SABES SOBRE O MAGOSTO  

 

1.-  De onde procede a palabra magosto?

      a. Magus   ustus.

      b. Ma  gustum .                                                                                                                                                                     

                               

 2.- Que significa a palabra magosto?

      a. Gran fogueira.

      b. A miña fogueira.

 

3.- Cal é a data máis tradicional para celebrar o magosto?

     a. 3 de novembro

     b. 31 de outubro.

     c. 11 de novembro.

     d. 6 de decembro.

 

4.- A que santo está asociado o magosto?

     a. S. Andrés.

     b. S.Cecilia

     c. S.Martiño.

     d. S.Lucía.

 

5.- En que outra data é frecuente celebrar o magosto?

     a. 13 decembro, Sta Lucía.

     b .25 decembro, Nadal

     c. 1 de novembro, Día de Santos.

     d. 28 de decembro, Santos Inocentes.

 

 

 

   6.-Tradicionalmente que matorrais se empregaban para acender o lume?

       a. Toxos, loureiro, e froumas ou agullas .

       b. Toxos, margaridas e loureiro.

       c. Loureiro e silveiras.

       d. Follas de eucalipto.

 

 

 

7.-En que outra data se comían castañas?

     a.  16 de agosto, San Roque.

     b. Xuño, Corpus Christi.

     c. Primeiro de maio, nas maias .

 

8.-De onde son orixinarios os castiñeiros

     a. Sueste de Europa e Asia menor.

     b. América.

     c. Australia.

     d. Siberia e Himalaya.

 

9.-Que alimento traído do Novo Mundo lle sacou protagonismo á castaña?

    a. O tomate.

    b. O arroz.

    c. O chocolate.

    d. A pataca.

 

10.- Como se chama o recipiente onde se asan as castañas?

      a. Tisola.

      b. Tixolo

      c. Asadeiro.

      d. Castañón.