Novedades educativas de la escuela
06/10/2015
José Costas Simón, foi o terceiro presidente da Fundación, e antigo alumno da escola nos anos 20.
1- Cantos libros de texto levaba ó cole?
Que eu lembre só había dous libros , un de grao medio, e outro de grao superior .E en ambos estudábase matemáticas , xeometría , gramática , xeografía e
outros.
2-Faciades exames? Si , ó final do curso.
3-Como eran os mestres nesa época? Para min eran bos , diría que mellores que os de agora.
4-Os castigos eran moi severos? Que sancións había? Non, salvo que fosen cousas moi graves , o normal era que te castigaran a ir os xoves pola tarde que non
había colexio e o mestre que te castigou tamén estaba alí.
5-Como era o edificio cando ti ías ó cole? Moi parecido ó de agora.
6-Había só mestres homes ou tamén mulleres? Si, había mestres e mestras.
7-Na súa época había banda de música?
Si, dábanse clases de música no colexio.
8-Que materias dabades? Era todo en español ou tamén en galego?
Máis ou menos as mesmas de agora con outros nomes e un só libro e todo en castelán.
9-En que lingua falaban os alumnos?
No colexio en castelán e fora del segundo o costume que tiveran na casa.
10-Había excursións? Si, algunha había.
11-Había estranxeiros? Non.
12-Usábase uniforme? Como iades vestidos ó cole? Non había uniforme, cada un ía vestido como podía, incluso medio descalzos, agora sodes uns privilexiados en
todo, espero e desexo que nunca teñades que pasar por aquilo.
13-Tratábase de ti ós mestres?
Sempre de vostede e con moito respecto.
14-Podían comer chicles na clase?
Daquela non tiñamos cartos para mercalos , bastante sorte tiñamos se ao chegar á casa había algo de xantar.
15-Como era vivir coa guerra? Estabas aquí na escola durante a guerra?
Si, vivíase moi mal pasábase fame e xa estaba no exército .
16-Cal era o horario lectivo? De nove a unha e de tres as seis da tarde.
17-Había comedor escolar? Si, para os máis pobres.
18-Había autobús escolar? Non recordo, pero creo que si.
19-Había festival de fin de curso? Si, pero non coma os de agora , daquela entregábanse premios aos mellores estudantes e a min concedéronme un, e coma era
pobre regaláronme a tea para facerme un traxe.
20-Recordas algunha anécdota especial dalgún compañeiro? Non.
21-Tíñades patio para xogar e ximnasio?
Os mesmos de agora pero sen estar cubertos.
22-A que xogabades no recreo? Ós nenos gustábanos xogar ó fútbol , iso si, con pelotas de trapo , non había cartos para outras.
23-Eras bo estudante?Fixeches algunha falcatruada gorda? Repetiches algún curso?
Fun moi bo estudante , aínda que algunhas veces non iamos á escola e quedabamos a xogar ó fútbol nun campo de Cambeses, deixabamos sempre un vixía
para que nos avisase se viña un profesor a buscarnos e poder escapar. Nunca repetín curso.
24-Conservaches algún amigo de clase?
Conservei moitos despois do colexio, aínda que moitos xa morreron.
25-Coñeciches a túa muller na escola?
Non, non era do barrio.
26-Cal era a túa materia preferida?
A que máis me gustaba era gramática. E despois a aritmética.
27-Cantas aulas había? Xa non me lembro, pero creo que as mesmas que agora , sen contar co andar de arriba.
28-Tiñas algún alcume? Si, meu alcume era Cristos.
29-Estudabas algún idioma? Non.
30-Era unha escola mixta ou só había nenos? Si, había nenas e nenos.
31-De pequeno, que querías se de maior?
Quería ser avogado.
32-Tiñas algún mestre ó que tiveses especial agarimo?
A un moi especial D. Severino Cobas, pois cando miña nai me dixo que deixara o colexio para traballar, xa que faltaban cartos na casa para xantar D. Severino
Cobas falou con ela para convencela de que era unha mágoa, pois era moi bo estudante e convenceuna .Grazas a el puiden seguir estudando contabilidade e
cálculo, que me serviu despois para ter un bo emprego e defenderme na vida . Por iso teño sempre na miña memoria a D. Severino.