NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

PROXECTO ROSALÍA DE CASTRO

23/02/2022

imagen artículo

CON ROSALÍA DE CASTRO NO PENSAMENTO

VÍDEO

Dende o equipo de dinamización queríamos facer algo diferente neste día tan especial para a cultura galega. Por iso fixemos un proxecto de plantación de pensamentos no xardín vertical do patio pequeno. E seguramente vos preguntaredes que teñen que ver os pensamentos con Rosalía de Castro, pois o parecer era a súa flor preferida. Conta o seu biógrafo Augusto González Besada que no seu leito de morte pediu que lle levaran un ramo de pensamentos xusto antes de morrer.

Os rapaces e rapazas fixeron distintas actividades relacionadas con esta flor e Rosalía, pero para eles a actividade estrela foi a plantación dos pensamentos.