NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

REINAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DO COLEXIO

25/10/2019

Onte día 24, celebraronse por toda a provincia distintas actividades para conmemorar o día Internacional das Bibliotecas e en Escolas Nieto non podíamos ser menos. No noso caso coincidíu coa reinauguración da nosa biblioteca, xa que decidiuse modernizala e convertila nun espazo dinamizador da vida do colexio. Na reinauguración contamos coa presenza de Pitiflor, unha peza fundamental do caracter dinamizador da Biblioteca xa que se trata dunha pequena bruxiña que se encargará de animar o alumnado a ler, escribir, cantar e ser felices. Pitiflor foi a encargada de explicar os nenos e nenas os cambios da biblioteca e as súas normas.