Novedades educativas de la escuela
20/05/2018
O mércores 16 de maio celebramos o día das letras galegas no colexio. Este ano o día estivo dedicado a María Victoria Moreno Márquez. E para celebralo comezamos a mañá con xogos populares como os bolos celtas, o trompo ou o pañuelito. A media mañá todo o colexio puido desfrutar das actuacións teatrais, cancións e bailes galegos interpretados por algúns dos nosos alumn@s, unha mostra de todo isto podédela ver no seguinte video:
Se queredes ver algunha fotiño máis non dubidedes en premer "Ler máis".
Ademáis das fotos se alguén quere saber un pouquiño máis sobre María Victoria Moreno Márquez pode ler o seguinte resumo da súa biografía:
María Victoria naceu en Cáceres en 1939.
Estudou en Barcelona e Madrid.
Traballou de profesora, escritora, tradutora e conferenciante.
Veu vivir a Pontevedra.
Amaba Galicia e a súa lingua.
Traballou como profesora en Lugo e Pontevedra.
Dirixiu a colección Árbore da editorial Galaxia.
A primeira publicación foi "Mar adiante".
Escribiu moitos libros para nenos e mozos: O Cataventos, Leonardo e os fontaneiros, guedellas de seda e liño.
Nos seus libros aparecen moitas nenas e animais protagonistas.
Finou en 2005.