NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

En Escolas Nieto traballamos a concentración con MindFlex

14/06/2017

O Departamento de Orientación de Escolas Nieto partindo da máxima de tentar adaptar as metodoloxías ás características e particularidades do noso alumnado e co incansable empeño de tentar proporcinarlle os métodos e sistemas pedagóxicos máis avanzados aos nosos nenos e nenas incoroporamos o Mind Flex. Trátase dun xogo da coñecida marca Mattel, a mesma que fabrica as Barbies, co que traballamos as habilidades atencionais e de concentración. O dispositivo mide a actividade cerebral e en función do nivel desta a bola sobe ou baixa da plataforma.

Tedes máis información no seguinte enlace https://en.wikipedia.org/wiki/Mindflex

Ollade o vídeo e comprobade a destreza dos primeiros en probalo no cole, os nenos e nenas de 2º de E.P.