Novedades educativas de la escuela
01/11/2014
O pasado xoves día 23 de outubro os alumnos de 5º e 6º participaron
no programa de visitas guiadas á exposión “ A arte de pescar” e ó porto de Vigo ,posta en marcha pola Cooperativa de Armadores da nosa cidade (ARVI) ,con motivo do seu 50 aniversario. Os nosos alumnos puideron coñecer as arte de pesca empregadas polos nosas frotas : arraste, palangre e cerco ; os distintos barcos adicados a tal fin e tamén tiveron a sorte de coincidir co traballo das redeiras, que neses intres estaban a arranxar as redes dos barcos…