OS MESES DO ANO E OS DÍAS DA SEMANA ( 1ºEP)
02/04/2019
Leer ArtículoNovedades educativas de la escuela
02/04/2019
Leer Artículo30/03/2019
O luns 25 de marzo os alumn@s de 3 e 4 de Eso realizaron unha saída pedagóxica á V Edición da Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo no Hall do Auditorio Mar de Vigo.
Leer Artículo
29/03/2019
Hoxe celebrouse unha nova edición do noso concurso Got T*lent. Nel algúns d@s nos@s alumn@s mostraron algúns dos seus talentos, dos que podedes ver unha mostra no seguinte video. A gañadora deste ano foi ANTÍA de 4º EP, que levou un vale para compras no Decatlon.
Leer Artículo
25/03/2019
Os alumnos de 3° da ESO conseguiron un 4° posto no concurso de matemáticas Ligamats. Noraboa rapaces e rapazas sodes un orgullo para o colexio.
Se queres ver outras fotos premer en "ler máis"
Leer Artículo22/03/2019
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
O xoves, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Poesía, forma de expresión artística que “fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos”. A UNESCO estableceu este día co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas en situación de inferioridade ou mesmo de desaparición.
Dende a nosa Escola gustaríanos colaborar a esta visibilización tanto da lingua galega como da poesía levando a cabo diversas sesións de creación e búsqueda poéticas que rematarán cun recital poético feito polo alumnado.
SE QUEREDES VER MAIS PREMER EN "LER MAIS".
Leer Artículo21/03/2019
Hoxe festexamos no noso colexio o día mundial da poesía, e non podía ser doutro xeito mais que recitandoa. No seguinte vídeo podedes ver cantos poetas e poetisas temos no cole:
Se queredes ver fotos premer en "ler máis".
Leer Artículo21/03/2019
Neste 2º trimestre as fortalezas a traballar son a valentía e a perseverancia e a actividade que teñen que realizar os de primaria é a da cápsula do valor. Esta actividade consiste en introducir na nosa cápsula do valor, obxetos que nos permitan superar medos, enfrentarnos a retos e afrontar o noso día a día con ánimo (fotos, tarxetas, cartas, postales, debuxos, etc...).
Se queredes ver fotos premer en "ler máis".
Leer Artículo21/03/2019
Estimados pais:
Informámosvos de que ó longo deste mes de marzo realizaremos unha actividade chamada “Recoméndoche un libro”.
Consistirá en gravar un vídeo no que nos recomendedes un libro. Podedes participar toda a familia e botarlle toda a imaxinación e “salero” que queirades.
Haberá que atender as seguintes normas:
A lingua empregada debe ser o galego.
O vídeo non poderá superar os tres minutos.
A crítica debe ser construtiva.
Empregarase un rexistro formal.
Non se desvelarán aspectos relevantes do libro.
A data tope para a entrega dos vídeos será o 12 de abril.
As gravacións debedes mandalas ó enderezo electrónico edlg@escuelasnieto.com
No caso de que o arquivo adxunto sexa demasiado grande podedes utilizar algunha páxina de envío de arquivos como WeTransfer ou outra que coñezades.
Os tres mellores vídeos recibirán un premio que se lles entregará o Día das Letras Galegas.
Leer Artículo