NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

PASE A FINAL DO CONCURSO DE MATEMÁTICAS LIGAMATS

14/03/2019

! Noraboa !, os alumn@s de terceiro da ESO, Eva, Sabela, Martín e Andrea clasificáronse para a fase final do concurso de matemáticas Ligamats.

Dende o departamento de matemáticas queremos felicitar a tódolos participantes e seguir animándoos a presentarse a este tipo de actividades que contribuen a enriquecer a súa formación académica.

Leer Artículo

QUEN DIXO MEDO AS MATES

11/03/2019

O alumnado de 2º da ESO participou nunha nova actividade de grupos interactivos de matemáticas. A experiencia foi moi positiva e enriquecedora para @s alumn@s. Ademáis os mestres, puideron contar cuns axudantes de excepción, os voluntarios.

!Moitas grazas por colaborar!

 

Se queredes ver fotos premer en "ler máis".

Leer Artículo

APERTURA DE MATRÍCULA PARA O PRÓXIMO CURSO

04/03/2019

25 plazas dispoñibles para os/as nados/as en 2016.

 

Leer Artículo

O ENTROIDO EN ESCOLAS NIETO

01/03/2019

Este ano o tempo deixounos desfilar polas rúas do Calvario e a temática foi da película do Rei León, así que enchemos as rúas do Calvario de animais salvaxes convertindo esa rúa nunha sabana. No seguinte video podedes ver como transcurriu o Entroido no noso colexio e o desfile:

 

Se queredes ver fotos premer en "ler máis".

Leer Artículo

O ENTROIDO CHEGOU A ESCOLAS NIETO

26/02/2019

O primeiro recordarvos que este venres 1 de marzo non podedes faltar as ruas do Calvario entre as 12h e as 13h, xa que @s nos@s alumn@s desfilarán por elas. O ano pasado foi Venancio o que abriu o ENTROIDO no noso colexio, este ano será Fortunata a encargada de facelo mediante os seus simpáticos pedidos.

 

Leer Artículo

CHARLA SOBRE IDENTIDADE DE XÉNERO (1°ESO)

25/02/2019

Hoxe, luns 25 de Febreiro, os alumn@s de 1°ESO tiveron unha charla sobre identidade de xénero titulada "para ti, para sempre", a cargo da psicóloga sanitaria, sexóloga e coach Hadriana Ordóñez Outeiro. A charla transcurriu dunha maneira moi amena e participativa por parte de tódolos alí presentes como podedes ver no seguinte video:

Se queredes ver fotos premer en "ler máis". 

Leer Artículo

OS NOSOS NENOS MÁIS PEQUENOS VAN O TEATRO

22/02/2019

As dúas últimas semas os nosos cativos de infantil tiveron dobre sesión de teatro primeiro coa obra "A Galiña Azul" e despois con "Burbujas de Papel". No seguinte video podedes ver unha mostra de todo isto.

 

Se queredes ver fotos premer en "ler máis".

Leer Artículo

VISITA O CENTRO ARQUEOLÓXICO DE VIGO

21/02/2019

Hoxe xoves 21 de febreiro os alumn@s de 3º e 4º de ESO visitaron o  Centro Arqueolóxico do Areal "Salinae" nunha visita guiada e participando nun obradoiro para a elaboración dunha lucerna, a cal levaron como recordo.

 

 

 

Se queredes ver unhas fotiños non deixedes de premer en "ler máis".

Leer Artículo