RECOMÉNDOCHE UN LIBRO
21/03/2019
Estimados pais:
Informámosvos de que ó longo deste mes de marzo realizaremos unha actividade chamada “Recoméndoche un libro”.
Consistirá en gravar un vídeo no que nos recomendedes un libro. Podedes participar toda a familia e botarlle toda a imaxinación e “salero” que queirades.
Haberá que atender as seguintes normas:
-
A lingua empregada debe ser o galego.
-
O vídeo non poderá superar os tres minutos.
-
A crítica debe ser construtiva.
-
Empregarase un rexistro formal.
-
Non se desvelarán aspectos relevantes do libro.
-
A data tope para a entrega dos vídeos será o 12 de abril.
As gravacións debedes mandalas ó enderezo electrónico edlg@escuelasnieto.com
No caso de que o arquivo adxunto sexa demasiado grande podedes utilizar algunha páxina de envío de arquivos como WeTransfer ou outra que coñezades.
Os tres mellores vídeos recibirán un premio que se lles entregará o Día das Letras Galegas.
Leer Artículo