PASIÑO A PASIÑO
25/11/2020
Demos outro pasiño na andaina de modernizar a nosa BIBLIOTECA.
Xa temos CARNET!!! E pronto contaremos cun lector de códigos.
Ademais continuamos coa renovación dos seus fondos.
Leer Artículo
Novedades educativas de la escuela
25/11/2020
Demos outro pasiño na andaina de modernizar a nosa BIBLIOTECA.
Xa temos CARNET!!! E pronto contaremos cun lector de códigos.
Ademais continuamos coa renovación dos seus fondos.
Leer Artículo
24/11/2020
A clase de 2º de ESO recibiu o luns 23 de novembro a visita online da escritora Marisol Ortiz, autora do libro La canción de Shao Li. Resultou unha actividade moi interesante na que habería que destacar a implicación e a boa sintonía entre escritora e alumn@s.
Premer en "ler máis" se queredes ver algunha foto da actividade.
Leer Artículo09/11/2020
Leer Artículo02/11/2020
A pesar de ser un ano moi atípico o alumnado do noso colexio tivo a oportunidade de festexar o Samaín, grazas o traballo de todos eles xunto cos seus titores. Ademais o concurso de cabazas tamén puido celebrarse grazas a súa organización por parte do ANPA do colexio. Noraboa os gañadores pero tamén a tódolos participantes, xa que sin todos eles isto non sería posible. Dende Anduriña queremos homenaxear a todos os que fixeron isto posible con estes vídeos.
SE QUEREDES VER AS CABAZAS PARTICIPANTES E AS GAÑADORAS PREMER EN "LER MÁIS"
Leer Artículo01/11/2020
Leer Artículo
01/11/2020
Bases para participar neste precioso concurso que organiza dende a escola, o departamento de dinamización da lingua galega.
Leer Artículo
19/10/2020
Bo día a tod@s!
Comezamos a nosa actividade nesta sección de Dinamización da Lingua informándovos da campaña “O galego é clave” que iniciamos hoxe mesmo.
Esta campaña consiste en utilizar cada semana unha frase feita como contrasinal para poder ir ó baño ou salir de clase á última hora. Pretendemos con ela que o alumnado se vaia afacendo a expresións galegas e que progresivamente vaia utilizando a nosa lingua.
Animámosvos a tod@s a participar tamén nas vosas casas. Unha idea podería ser establecer ese contrasinal antes da comida, da merenda ou da cea, é dicir, se queres comer antes tes que empregar o contrasinal.
Axudádenos a manter vivo o noso idioma.
Unha lingua que non se fala é unha lingua morta.
Deixámosvos o cartel da campaña co contrasinal desta semana.
Grazas e un saúdo.
Leer Artículo
12/10/2020
Malia estarmos seis meses afastad@s físicamente do cole, tanto profesorado como alumnado estamos en plena forma e dispost@s a seguir avanzando polo emocionante mundo da aprendizaxe. Este bo estado podémolo ver no microrrelato escrito por Rafa Arenas de 3º de ESO, cuxo único requisito era insertar a oración "Aquel hombre era invisible". Esperamos que vos guste.
Leer Artículo