NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

26/11/2020

Para conmemorar  do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de ESO participou nunha actividade organizada polo Concello de Vigo, consistente na elaboración dun lema contra a violencia machista. 
Estes son o noso lema e o cartel elaborado polo Concello a partir del. 
A actividade completouse cunha conexión online na que participou o alumnado de 1º de ESO.

Leer Artículo

PASIÑO A PASIÑO

25/11/2020

Demos outro pasiño na andaina de modernizar a nosa BIBLIOTECA. 

Xa temos CARNET!!! E pronto contaremos cun lector de códigos.

Ademais continuamos coa renovación dos seus fondos.

Leer Artículo

UN 10 PARA MARISOL ORTIZ DE ZÁRATE E PARA A CLASE DE 2º DE ESO.

24/11/2020

A clase de 2º de ESO recibiu o luns 23 de novembro a visita online da escritora Marisol Ortiz, autora do libro La canción de Shao Li. Resultou unha actividade moi interesante na que habería que destacar a implicación e a boa sintonía entre escritora e alumn@s.

Premer en "ler máis" se queredes ver algunha foto da actividade.

Leer Artículo

O SAMAÍN EN ESCOLAS NIETO 2020

02/11/2020

A pesar de ser un ano moi atípico o alumnado do noso colexio tivo a oportunidade de festexar o Samaín, grazas o traballo de todos eles xunto cos seus titores. Ademais o concurso de cabazas tamén puido celebrarse grazas a súa organización por parte do ANPA do colexio. Noraboa os gañadores pero tamén a tódolos participantes, xa que sin todos eles isto non sería posible. Dende Anduriña queremos homenaxear a todos os que fixeron isto posible con estes vídeos.

 

SE QUEREDES VER AS CABAZAS PARTICIPANTES E AS GAÑADORAS PREMER EN "LER MÁIS"

Leer Artículo

ANACOS DE TERRA

01/11/2020

 Bases para participar neste precioso concurso que organiza dende a escola, o departamento de dinamización da lingua galega.

Leer Artículo

O GALEGO É CLAVE (CURSO 2020-2021)

19/10/2020

Bo día a tod@s!

Comezamos a nosa actividade nesta sección de Dinamización da Lingua informándovos da campaña “O galego é clave” que iniciamos hoxe mesmo.
Esta campaña consiste en utilizar cada semana unha frase feita como contrasinal para poder ir ó baño ou salir de clase á última hora. Pretendemos con ela que o alumnado se vaia afacendo a expresións galegas e que progresivamente vaia utilizando a nosa lingua.
Animámosvos a tod@s a participar tamén nas vosas casas. Unha idea podería ser establecer ese contrasinal antes da comida, da merenda ou da cea, é dicir, se queres comer antes tes que empregar o contrasinal.
Axudádenos a manter vivo o noso idioma.
Unha lingua que non se fala é unha lingua morta.
Deixámosvos o cartel da campaña co contrasinal desta semana.

Grazas e un saúdo.

 

Leer Artículo