Día mundial da poesía
27/03/2015
Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e convídanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa. De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.
Seguindo esta premisa da Unesco presentámosvos dous poemas en castelán seleccionados por Iván Ferreira, Javier Poza e Adrián Pérez de 2º ESO, alumnos do cole, e as súas respectivas versións realizadas tamén por eles.
ADIÓS (Idea Vilariño) A nosa versión
Aquí Aquí
lejos preto
te borro. te bico.
Estás borrado. Estás bicada.
MENTIROSA (Ángel Guache) A nosa versión
Fue mentira tu amor Foi verdade o teu amor
tus besos gesticulantes e indecisos os teus bonitos sorrisos
fue una farsa foron verdade
el brillo de barniz de tu mirada as túas caricias furtivas
ya no es azul el cielo agora o ceo ábrese perante miña
no persigo tus pasos persigo os teus bicos de veludo
borraré nuestra historia perpetuarei a nosa historia
con una goma de borrar. cun “me gusta” no Facebook.
(Iván Ferreira, Adrián Pérez e Javier Poza)
Leer Artículo
IMATXINA- X SEMANA MATEMÁTICA
18/03/2015
Os nosos alumnos/as de 6º EP alcanzaron o 4º posto na X edición da Semana Matématica de Vigo.
Os nosos parabéns a todos.
Leer Artículo
Día Internacional da Muller Traballadora
16/03/2015
No Club de Letras estivemos traballando sobre o Día Internacional da Muller Traballadora é investigamos sobre a súa orixe. Aprendemos que na actualidade se celebra o día 8 de msarzo pero non sempre foi así. Nesta data conmemórase a loita da muller pola súa participación en pé de igualdade co home na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
A 1ª celebración tivo lugar o 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza e nela esixíase o dereito de voto e de ocupar cargos públicos, dereito ó traballo, á formación profesional e a non discriminación laboral.
Unha semana despois, o 25 de marzo de 1911, máis de 140 traballadoras, a maioría inmigrantes, morreron no tráxico incendio dunha fábrica de camisas en Nova Iorque. Este desastre obrigou a importantes cambios lexislativos nas normas de seguridade e saúde laborais e industriais e foi o detonante da creación do Sindicato de Mulleres Traballadoras Confeccionistas e da conmemoración desta data.
Sergio Fernández Alonso (4º ESO)
Leer Artículo
Pitagorines...
07/03/2015
Un grupo de alumnos de 6º de primaria participaron na ligamats dentro das
xornadas da XI edición de ima+xma, quedando clasificados para a segunda fase
que se celebrará o próximo mércores 11 de marzo.
Leer Artículo
A Radio na Escola- Vía Radio
05/03/2015
Hoxe estiveron connosco na Escola Montse Fox e Carlos Veleiro, Carlos é o presentador de BUENOS VÍAS CHARLIE, programa de radio que se emite no 93.3 FM de 8:00h ata as 10:00h. de luns a venres.
Entrevistaron ós nenos e nenas de 2º de EP, para o seu Morning Show.
Leer Artículo
Visitando,visitando
02/03/2015
Hoxe algúns alumnos de 5º e 6º de E.P. e ESO participamos nun obradoiro de Matemáticas na Fundación Barrié de la Maza, na rúa Policarpo Sanz, onde fixemos diversos tipos de actividades: xogos de Tangram, xogos con cubos, solucións de problemas, ilusións ópticas etc.
Leer Artículo
Entroido
13/02/2015
Hoxe celebramos o entroido. Como tódolos anos fixemos un pase pola zona peatonal do Calvario, o clima acompañounos e os rapaces disfrutaron moitísimo.
A ledicia dos nenos/as coa festa que continuamos na Escola foi extraordinaria.
Grazas a tódolos pais/nais polo voso apoio na saída.
Podedes ver máis fotos en Leer Máis.
(As clases reanúdanse o xoves 19)
Leer Artículo