Novedades educativas de la escuela
22/04/2022
Para conmemorar "O Día do Libro", unha data moi especial para a biblioteca do colexio, organizamos unha "Feira do libro". Participou todo o alumnado de primaria e secundaria.
A Feira consistiu en que cada alumno e alumna podía traer ata tres libros polos cales a biblioteca lles daba un vale de Pitiflor, a mascota da biblioteca, por cada un. Logo con todos os libros fixemos un mercadillo no cal o alumnado podía intercambiar un vale por un libro.
Debido ao exito da actividade intentaremos repetila o curso que ven.