Novedades educativas de la escuela
04/10/2015
Carlos 4º E.P
Estimados pais/nais:
O xoves 1 de outubro conmemoramos o aniversario de Ramón Nieto , fundador do cole e, para celebralo, organizamos
unha sesión matinal de xogos populares. Aquí tedes as respostas ás preguntas enviadas a vosas casas sobre de Ramón Nieto:
En que ano naceu? En 1856, o un de outubro.
A que país emigrou? A Chile.
Onde traballou? Nun xacemento salitreiro.
Que negocios desenvolveu alí ? Dúas compañias de seguros e un banco.
De quen foi a man dereita? Do presidente de Chile.
Cando e onde se inaugurou o cole?O i de xaneiro de 1900 no local contiguo ó campo do Celta.
En que ano comezou a funcionar o noso cole no lugar onde hoxe está ubicado? En 1917.
Por que é tan importante a escola creada por Ramón Nieto? Porque permite que todo mundo acceda á educación de xeito gratuíto.
Como se chamou o 1º director do cole? Severino Cobas.
A quen representa a escultura que se atopa nun dos patios do cole? Representa a Ramón Nieto e unha escena escolar.
Quen a esculpiu? Camilo Nogueira Martínez.
Un dos protagonistas dunha fermosa novela estudou en Escolas Nieto, como se chama esa novela e quen a escribiu? "El invierno de las almas desterradas " de Abel Caballero (alcalde de Vigo)