NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

PROXECTO COÑECENDO O NOSO ENTORNO "VISITA ADESTRADOR DO TRASNOS BÉISBOL CLUB"

15/03/2022

imagen artículo

A semana pasada visitounos Fernando Rodríguez, adestrador do Trasnos Béisbol Club. Coma xa fixera en anteriores cursos, Fernando achegou este interesante deporte ós alumnos de primaria  e invitounos a participar nun dos adestramentos do seu club de forma gratuita.

As visitas dos adestradores de clubs da cidade sempre son enriquecedoras para os nosos alumnos porque lles permiten coñecer de primeira man todo tipo de deportes interesantes, divertidos e formativos.

Grazas ás visitas que Fernando fixo nos últimos anos, varios dos nosos alumnos e alumnas xogan ó beisbol no seu club dende hai varias tempadas. Esperemos que este ano máis alumnos se animen a probar!