NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

IGUALDADE de XÉNERO HOXE para un MAÑA SOSTIBLE

08/03/2022

imagen artículo

Hoxe é o Día Internacional da Muller e na biblioteca escolar seguimos traballando a favor dunha igualdade efectiva na nosa sociedade.

 

En palabras da ONU, a igualdade entre os xéneros non é só un dereito humano fundamental, senón a base necesaria para conseguir un mundo pacífico, próspero e sostible.

Así que durante esta semana, no moble expositor de novidades poderedes atopar libros que falan sobre mulleres que axudaron ou axudan a mellorar esta mundo.

Doutra banda, na entrada do colexio colocamos unha urna para que de forma voluntaria o alumnado deposite as súas reflexións sobre este día.