NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

No mes de maio... Alicia Borrás Sanjurjo

04/06/2015

  O venres, día 8 de maio, estivo na nosa escola a escritora viguesa Alicia Borrás,autora do libro, Nata y Chocolate. O alumnado de 5º e 6º gozou enormemente da súa compañía.

 Entrevista a Alicia Borrás

1.-É a primeira entrevista que che fan?

   Pois non,algunhas máis ,pero esta é unha das  que máis me gusta.

 

2.-A túa familia respectaba o feito de escribir?

    Claro, o facía porque eu quería

 

 3.-Cando eras nena xa sabías cal era a túa profesión?

     Eu de pequena non me plantexaba ser escritora aínda. Eu quería ser dobradora    

     de voz, apuntarme á Voz, etc.

  

4.-Gustaríache seguir escribindo libros?

      Non podería deixar de escribir libros.

    

 5.-Canto soes tardar en escribir un libro?

        Depende. Se teño que facer outras cousas tardo máis.

  

 6.-Cal foi o primeiro libro que escribiches?

        Creo que o primeiro en ser publicado foi `` Bichitos Enanitos ´´

    

7.-Do libro Nata e Chocolate consideras que é o teu mellor libro?

         Non, non me atrevería a dicir:Ese é o mellor libro.

     

 8.-Gustouche a personalidade dos personaxes?

         Por suposto que si, porque sodes vós.

 

 9.-Por que escribiches unha historia sobre o acoso escolar?

       Porque non creo que pasedes polo mesmo que Nata

 

  10.-Por que escribes libros para nenos e non para adultos?

       Xa estou empezando a escribir para adultos, pero con vós síntome mellor.

 

 11.-Segues vivindo en Vigo?

      Si, vivo nunha casa que teño en Saiáns .    

 

 12.- Gustouche esta entrevista?

       Si, gustoume moito.

 

                                                                 (Andrea de 5º Adrián, Eneko, Kiko, Paula, 6º)