Novedades educativas de la escuela
27/03/2015
Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e convídanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa. De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.
Seguindo esta premisa da Unesco presentámosvos dous poemas en castelán seleccionados por Iván Ferreira, Javier Poza e Adrián Pérez de 2º ESO, alumnos do cole, e as súas respectivas versións realizadas tamén por eles.
ADIÓS (Idea Vilariño) A nosa versión
Aquí Aquí
lejos preto
te borro. te bico.
Estás borrado. Estás bicada.
MENTIROSA (Ángel Guache) A nosa versión
Fue mentira tu amor Foi verdade o teu amor
tus besos gesticulantes e indecisos os teus bonitos sorrisos
fue una farsa foron verdade
el brillo de barniz de tu mirada as túas caricias furtivas
ya no es azul el cielo agora o ceo ábrese perante miña
no persigo tus pasos persigo os teus bicos de veludo
borraré nuestra historia perpetuarei a nosa historia
con una goma de borrar. cun “me gusta” no Facebook.
(Iván Ferreira, Adrián Pérez e Javier Poza)
Idea Vilariño
Poetisa de Uruguay nada en Montevideo en 1920. As súas conviccións levárona a rexeitar calquera promoción da súa obra e do seu nome, non obstante, obtivo diversos premios internacionais. As súas obras son: La suplicante, Poemas de amor, Nocturnos e Poesía.
Ángel Guache
Naceu en Luarca (Asturias) en 1950. Estreouse como pintor pero pronto explorou outros campos como a música e a pintura. É o poeta do bo humor que une as formas vangardistas coas tradicionais. Obras: El viento en los árboles, Alucinaciones flacas y gordas, Canciones para interpretar con maracas, etc.