Os nosos alumnos/as de 6º EP alcanzaron o 4º posto na X edición da Semana Matématica de Vigo.
Os nosos parabéns a todos.
Os obxectivos de IMATXINA son:
Sacar as matemáticas das aulas e achegalas á sociedade dende un punto de vista manipulativo e participativo.
Favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares.
Amosar a través destas tarefas que todos os cidadáns poden facer matemáticas, é dicir: argumentar, analizar, decidir, demostrar, descubrir, razoar ...
Sensibilizar aos distintos sectores educativos, de que as matemáticas poden ensinarse e aprenderse de xeito atractivo.
Acadar o apoio das distintas institucións do eido da educación e da cultura para seguir espallando en todos os niveis unha maior e máis axeitada formación matemática.
Aprender a traballar en equipo valorando e respetando as opinións propias e ás dos demáis e fomentando a imaxinación e a creatividade.