NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO

09/03/2020

Hoxe celebramos o día 8 de marzo no colexio con distintos actos preparados polos nos@s alumn@s da ESO. Proxectaron un vídeo explicativo do porqué dese día, leron unhas biografías de distintas mulleres, recitaron poemas e ata interpretaron unha bonita canción que podedes escoitar no seguinte vídeo.