NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

DÍA DO LIBRO EN ESCOLAS NIETO

24/04/2018

imagen artículo

Onte, 23 de abril, aproveitando o festexo do Día do Libro vari@s alumn@s de 4º da ESO montaron unha Feira de Libros Antigos no patio pequeno do colexio e  na porta do edificio de E.I. Neste video podedes ver un pouco de todo isto e se premedes en "ler máis" veredes todas as fotos.

 

 

 

Onte, 23 de abril, aproveitando o festexo do Día do Libro vari@s alumn@s de 4º da ESO montaron unha Feira de Libros Antigos no patio pequeno do colexio e  na porta do edificio de E.I. Todo o mundo podía coller de maneira gratuita un libro e un marcapáxinas feito tamén polos rapaces e rapazas da E.S.O. No patio pequeno do colexio dúas das rapazas de 4º da ESO amenizaron a ocasión cunhas pandereitadas

Ademais durante a mañá alguns dos rapaces e rapazas da E.S.O foron polas aulas de Primaria e Infantil lendo contos e facendo algunhas actividades. Tamén unhas meigas de 5º de primaria quixeron facer unha visita os alumnos de 1º de primaria para recitar unhas lindas poesías.

Ahhh!!! e non podemos esquecernos de Galegoman e Galewoman que non quixeron faltar a esta cita coa lectura.

 

 

Alumnas da ESO.

 

 

As Meigas de 5º de primaria

 

Galegoman,Galewoman e as pandereteiras.