NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

VISITA AO OCEANOGRÁFICO CON ENTREGA DE PREMIO INCLUIDA PARA OS NOSOS ALUMNOS DE 3º EP

05/12/2017

imagen artículo

Este pasado xoves 30 de Novembro os alumnos de 3º e 4º de EP visitaron o Oceanografico de Vigo coincidindo coa presentación do libro de Os Bolechas ("O centro Oceanográfico de Vigo"). A presentación do autor incluíu un taller de debuxo aos nenos asistentes dos colexios gañadores do concurso de maquetas "Acuicultura de reciclaxe", Escolas Nieto e Atalaya Cantabria.

 

  

 Maqueta gañadora dos nosos alumnos de 3ºEP.

 

Premer en "Ler Máis" para ver fotos e máis comentarios.

 

A excursión foi realizada polos alumnos de 3º e 4º de primaria ao oceanográfico de Vigo. Onde os nosos alumnos de 3º EP recolleron o premio de gañadores do concurso de maquetas "acuicultura de reciclaxe" organizado polo IEO. Realizaron unha visita guiada polas instalacións do oceanográfico e recibiron os seus diplomas acreditativos e un lote de agasallos, entre eles o novo libro dos Bolechas ("Os Bolechas: O oceanográfico de Vigo"). Neste recoñecemento contamos coa presenza de Victoria Besada (directora do IEO), Mercedes Rodríguez Moreda (directora xeral de Pesca, Acuicultura e Imnovación Tecnolóxica) e con Pepe Carreiro (creador de "Os Bolechas").

 

 

 

 

Pero todo isto comezou uns días antes coa visita de dúas traballadoras do IEO, Esther e María á clase de 3ºEP onde profundizaron en temas relacionados co fondo do mar e as súas especies. 

 

 

 

 

A CONTINUACIÓN PODEDES VER UN ENLACE QUE VOS LEVARÁ A UNHA PUBLICACIÓN DO FARO DE VIGO SOBRE TODO ISTO:

 

http://www.farodevigo.es/sociedad/2017/12/01/libro-bolechas-centro-oceanografico-vigo/1795912.html