NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

Cúpulas Autoportantes de Leonardo

14/03/2016

imagen artículo

Este ano os nosos alumnos/as da ESO participaron na XII edición IMA+XINA, adicada ás cúpulas autoportantes de Leonardo.

Dende o departamento de Matemáticas da Escola estiveron traballando sobre este proxecto e o sábado 12 de marzo construiron unha no Calvario. 

Non perdades de ver as fotos e o video.

Un dos proxectos levados a cabo este curso no Departamento de Matemáticas, foi a construcción dunha cúpula autoportante de Leonardo, enmarcado dentro da colaboración coa XII edición de IMA+XINA da semana matemática de Vigo.

Escondidos nun recuncho dos escritos de Leonardo da Vinci (Arquivo da biblioteca Leonardiana http://www.leonardodigitale.com toque “Browse” seleccione“Codex Atlanticus” e vaia ata as páxinas 889 e 890), hai estes debuxos. Non sabemos si, en tempos de Leonardo, construíronse realmente e nas once estruturas, o único elemento constructivo é unha peza con 4 muescas. Non se necesita ningún tipo de elemento de unión xa que o propio peso da peza é suficiente para manter a estabilidade da cúpula.

 

O motivo polo que se alcanza esta, é pola diferenza de altura entre os puntos do fondo dos encaixes. De non existir esta diferenza o que se conseguirían serían unhas estruturas totalmente planas.

 

 

 

 

 

 

 

PREME PARA VER O VIDEO DA MONTAXE DA CÚPULA

VIDEO 2