NOTICIAS ANDURIÑA

Novedades educativas de la escuela

Arte nas aulas

16/02/2016

imagen artículo

     Os nosos pequenos Picassos de Educación infantil coñeceron a Andy-Warhol, (Andrew Warhola, comunmente coñecido como Andy Warhol, foi un artista plástico e cineasta estadounidense que desempeñou un papel crucial no nacemento e desenvolvemento do pop art)

     a Keith Haring (Keith Allen Haring foi un artista e activista social cuxo traballo reflicte o espírito da xeración pop e a cultura da rúa , Nova York dos anos 1980 ) , O surrealismo ou superrealismo é un concepto que provén do francés surréalisme. Trátase dun movemento literario e artístico que busca transcender o real a partir do impulso psíquico do imaxinario e o irracional)  .

 

      Os nenos de Primaria a René  Magritte ((1898-1976)  é un dos surrealistas máis claramente simbolistas. Provoca o choque emotivo de cor aplicada a formas realistas postas en lugares e momentos inverosímiles. Realiza absurdas combinacións de paisaxes, arquitecturas, esculturas, ambientes externos e internos. No tempo detido mostra o interior dunha habitación no que un tren sae en chamas dunha cheminea doméstica. A voz dos ventos é a premonición dunha ameaza, un grupo de globos pesados que flotan e son símbolo de algo que pode esmagar. )..  e  adentráronse no puntillismo

 

(O puntillismo é un estilo de pintura que consiste en facer un debuxo mediante puntos. Aparece por primeira vez en 1886, encabezado polo pintor neoimpresionista Georges Seurat …)